Buscar neste blog

xoves, 25 de maio de 2017

Angkor Wat

Angkor Wat, é o templo hinduista máis grande e tamén o mellor conservado dos que integran o asentamento de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construida e uns dos tesouros arqueolóxicos mellor conservados no mundo.
Situado a aproximadamente 5,5 km ao norte da actual Siem Riep, na provincia de Cambodia.
Este lugar forma parte do complexo de templos construídos na zona de Angkor, a antiga capital do Imperio jemer durante a súa época de esplendor.
Entre los siglos IX e XV, a cidade ten máis de medio millón de habitantes, cumpría as funcións de templo é albergaba a persoas e ademais era o palacio real.
Dedicado inicialmente ao deus Vishnú.
Na arquitectura o templo combina a tipoloxía hinduista coas características de galerías propia de períodos posteriores a construcción do templo.
Angkor_Wat.jpg


O templo consta de tres recintos rectangulares concéntricos que se atopan  rodeados por un lago perimetral de 3,6 km de lonxitude e dunha anchura de 200 m.
No recinto interior elévanse cinco torres ( obtendo forma de loto) que alcanzan a torre central a unha altura de 42 metros sobre o chan.
Esta cidade tivo moitas lendas e mitos que aínda hoxe siguen presentes, pero tras o seu abandono a finais do século XVI, Angkor foi sepultada pola selva, pero o  templo de Angkor Wat foi o único que permaneceu habitado por monxes budistas.
Aínda persiste a lenda de que Angkor Wat caeu no esquecemento ata que foi redescuberto a finais do século XIX polo naturalista francés Henri Mouhot, quen se topou co templo accidentalmente mentres cazaba bolboretas, por suposto que esta historia é un mito, pois Mouhot non foi o primeiro en visitar o templo, e este nunca foi completamente abandonado, permanecendo na memoria colectiva do pobo jemer.
A primeira visita documentada dun occidental ao templo  acaeceu no ano 1586, e foi realizada polo frade portugués Antonio da Madalena. As impresións do frade foron recollidas por un funcionario e logo de seguido foron escritas a uns documentos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario